Valoran como boa noticia a sentenza, instan a facer valer a LOLGA, pero sen perder de vista o novo Regulamento de Costas e a normativa de cambio climático que impactará directamente sobre o sector.
O empresariado galego aplaude "contar cun sistema de coordinación tanto na propia administración autonómica, pero tamén cun ámbito de coordinación e participación dos sectores implicados, cos que o diálogo e a cohesión é xa moi estreita".